Correo electrónico

boiroteca@gmail.com

martes, 13 de noviembre de 2012

Concursos do Samaín 2012

Estes días celébrase o primeiro Concurso de Fotos de Medo, de Relatos de Terror e de Decoración de Cabazas no Instituto, que contou cunha modesta pero notable participación, dentro do programa de actividades que ten a Biblioteca para estes días que rodean a festividade de Samaín, Halloween ou Defuntos.


Perdidas entre mortos viventes e criaturas redivivas, diaños, defuntos, aparecidos e pantasmas, as fotos dos nosos participantes foron expostas no corredor que leva á sala de profesores, non deixedes pasar a ocasión de botarlle un ollo (e non o digo literalmente, lembrade que algunhas das personaxes retratadas veríano como un bo aperitivo).

A nosa Biblioteca foi enfeitizada polas bruxas de Boiro, enchéndose de Cabazas decoradas para a ocasión, medio ocultas entre unha morea de arañeiras misteriosas.

Tras moitas deliberacións e preguntas e recollendo o sentir da maioría do persoal entrevistado do centro, o premio á foto gañadora recaeu en Gabriel Piñeiro Fernández (4ºESO A) sendo finalistas Aida López e Lara Manzanedo Matilla.


Os relatos que máis estremeceron os xuíces foron Viaxe ó reino de Hades de Lara Manzanedo Matilla (2º Bacharelato C)  na categoría de bacaharelato e As pegadas oíanse preto de Julia Martínez Tomé (3ºESO A) na categoría de ESO.

Vanesa Somoza González (2ºESO B) acadou o premio á mellor cabaza.

Só pode haber un gañador, aínda que fosen moit@s os que o merecesen, pero así son as cousas e os recortes non nos dan máis que para un premio por categoría.





Esperamos que iniciativas como esta sexan mellor acollidas e valoradas de cara á normalización da fotografía e a escrita como medio de expresión. (Tamén tallar cabazas, ou!)

Aquí podedes ver as fotos concursantes.


Benvid@s

Ola.
Benvid@s á Biblioteca do IES Praia Barraña de Boiro