Correo electrónico

boiroteca@gmail.com

viernes, 2 de diciembre de 2016

Gañadores dos Concursos de Medo polo Samaín



O pasado 24 de outubro entregáronse os premios dos Concursos de Fotografías, Relatos e Cabazas de Medo do Samaín do 2016, no segundo recreo, na vosa biblioteca.




As gañadoras do Concurso de Fotografía foron Celia Sineiro Fernández de 1º de Bacharelato da modalidade de Artes (D), e Paula Barreiro Pérez de 1ºB da ESO.



Por outra banda, foron premiados Enrique Suárez García de 1ºB da ESO e Helena López Sánchez de 1ºA da ESO, pola súa decoración de cabazas malignas.


 

Finalmente, na modalidade de Relatos, foron premiadas Carla Miranda Costas de 2ºB de Bacharelato e Estela Vilas Blanco de 2ºD tamén de Bacharelato. Na ESO, en 1ºA, o gañador foi Manuel Lorenzo Ozores; recolleu o premio a súa irmá Miriam.






Podes atopar un documento cos relatos presentados AQUÍ

Deixámosvos tamén unha morea de fotos do evento.


lunes, 28 de noviembre de 2016

A nosa música está de loito, morreu NARF.

O pasado 16 de novembro morreu Fran Pérez "NARF" con apenas 48 anos.
Un grande da música galega, que con fermoso sentimento púxolle música e ritmo ás inmortais verbas de Rosalía.

Amigo do noso centro, visitounos por última vez en abril do pasado ano, cando nos obsequiou cun marabilloso concerto.

Alá donde esteas, Fran, agardamos que sigas medrando na música...


lunes, 10 de octubre de 2016

V Concursos de Samaín 2016

Un ano máis, a Biblioteca convoca tres Concursos de Medo polo Samaín, un concurso de Relatos Cortos, un concurso de Fotografía, e un concurso de Cabazas, abertos a toda a comunidade educativa do IES Praia Barraña de Boiro.
- O relato debe ser orixinal e tratar o tema do medo, terror,... preferentemente usando as figuras da nosa cultura popular (Lobishomes,Diaños, Meigas, Santa Compaña, O Urco, Defuntos, Aparecidos, Trasnos, O Lobo da Xente,Mouros, Ondinas, Fadas, etc...)
- A extensión será breve, de entre 1 e 2 folios.
- A entrega farase enviando o texto adxunto ao correo electrónico da biblioteca: boiroteca@gmail.com, especificando nome do autor ou autora, curso e título do relato.
- Tes ata o 24 de outubro.
- Trátase de presentar unha foto que trate a temática do medo, o terror, o sobrenatural,...
- Envíanos a foto a boiroteca@gmail.com, poñéndolle ao arquivo da foto o nome do autor ou da autora.
- Valorarase a orixinalidade e o uso da nosa mitoloxía.
- Tes ata o 24 de outubro.
- Serás quen de decorar a cabaza máis orixinal e terrorífica para o Samaín? Non o deixes pasar e participa!
- Haberá que levala á Biblioteca o 24 de outubro.

Anímate a participar, Os gañadores e gañadoras levarán un PREMIO DE INFARTO!!


Esperámoste na Biblioteca!!

...Se  te atreves.

lunes, 26 de septiembre de 2016

Benvida ao curso 2016-2017


Ola Boirotek@s!

Dende a vosa Biblioteca de Centro dámosvos a benvida.
Este ano teremos moitas actividades e divertimentos que vos invitamos a descubrir.
Temos o andel de novidades a punto de estoupar, cheo de libros ansiosos por ser lidos.
Este ano desenvolverase o IV Proxecto de Centro, que versará sobre a Ética e os Dereitos dos Animais, agardamos que vos resulte interesante.

Non sexades maulas e achegádevos á Boiroteca, onde un bo ambiente e unha boa cantidade de libros, revistas e ocio en xeral vos agarda.
Lémonos!
#barrañale

jueves, 23 de junio de 2016

Romeo & Juliet

A semana pasada tivemos unha obra de teatro diante da porta, organizada pola profesora de inglés Puri, aquí vos deixamos as fotos, feitas por Óscar Francisco de 4º



lunes, 25 de abril de 2016

Concurso de Selfies cun libro

A Biblioteca do IES Praia Barraña de Boiro, a vosa Boiroteca, ten o pracer de convocar o I  Concurso de Selfies cun Libro.



Elixe o teu libro favorito e fai un autoretrato fotográfico (selfie) orixinal e divertido, sempre tendo en conta que ten que aparecer un ou varios libros
O retrato recoméndase que sexa de medio corpo ou máis preto. As proporcións deben de ser cadradas, igual alto que ancho, aplicacións como Instagram e similares permitiranvos usar o formato cadrado.

Para participar terás que envialo por correo a boiroteca@gmail.com e poderás gañar un fabuloso premio.

Tamén podes compartilo co hashtag #boirotecaselfie, pero non esquezas envialo igualmente ao mail da biblio.

O prazo para enviar as fotos terminará o 31 de maio.

Poderás enviar ata cinco fotos (diferentes) como máximo.

lunes, 11 de abril de 2016

Visita de Ledicia Costas

O pasado 31 de marzo disfrutamos da presenza de Ledicia Costas, unha das escritoras preferidas polos nosos lectores e lectoras.

Xa é a segunda vez que Ledicia visita o noso centro. Nesta ocasión falounos da súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta, que foi lectura do alumnado de primeiro de ESo esta avaliación.
Como sempre ocorre coas súas obras, foi acollida con moito éxito polos nosos lectores, que ademais de disfrutar da lectura disfrutaron coa cociña, practicando as saborosísimas receitas de Román. Xoán agasallounos cunha cesta de deliciosas madalenas.
Ledicia presentounos a precuela de Escarlatina, a cociñeira defunta, Esmeraldina, a pequena defunta, que xa está na nosa biblioteca nunha especial edición asinada pola autora e dedicada a todos vós, os nosos boirotek@s.
Ata a próxima, Ledicia. E parabéns polo Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015.










III Proxecto de Centro "Desenvolvemento Sostible"

O IES Praia Barraña de Boiro celebra na semana do 11 ao 15 de abril  a III Semana Temática, coordinado pola Biblioteca Escolar, dedicada este curso ao Desenvolvemento Sostible.


 Hoxe luns 11 de abril, tivo lugar o acto de presentación do evento. 

O alumnado asistiu á proxección dos diversos traballos audiovisuais realizados  e á estrea do documental “O legado das Rías Galegas” de Jorge J. Candán. 





Asemade hai toda una serie de traballos de investigación expostos en diversos espazos do centro.

Aquí tendes o programa de actividades e exposicións.










jueves, 7 de abril de 2016

Día da Muller

Celebramos o Día da Muller lendo textos das nosas escritoras máis representativas, reivindicando a igualdade da muller cun pano vermello en memoria de Geraldine Hoff, quen encarnou a sonada pose co brazo erguido e o pano que nós retomamos para insistir en que sí é posible a igualdade.







































Tamén suxerimos unha interesante selección de lecturas á disposición dos lectores e lectoras da Biblio.











Aproveitamos o símbolo do lazo cos rostros de moitas mulleres que nos poñen voz.